miércoles, 12 de febrero de 2014

OLA MOZ@S!


Este mes queremos poñer a andar o PROXECTO MÓVETE+,é unha nova atividade dirixida a todos os escolares de Galicia para promover a actividade física, a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ,ao mesmo tempo SAUDABLE,que nos axude a sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos a cantidade mínima de exercício remomendado dende a OMS.

Esta actividade desenvolverase nos tempos de lecer, como recreos,nas clases de educación física e tamén na de música, xa que a canción ímola traballar dunha forma bonita e orixinal!. A canción dura algo máis de 3 minutos,no cole decidimos facer unha PROPIA VERSIÓN ORIXINAL DO TEMA, aproveitando que estamos traballando co proxecto europeo COMENIUS ( SHALL WE DANCE?), fixemos unha letra nova onde aparecen pinceladas en inglés....

Para que o alumnado poida cantar dita canción, decidimos facer un CASTING DO MOVETE+,un casting de selección de voces para a gravación da nosa versión,é de carácter voluntario, terán que preparar dúas cancións, unha obrigada ( a canción orixinal do móvete+ proporcionada pola xunta de Galicia) e outra de libre elección; poderase participar de forma individual ou en grupo. As audicións comezarán o martes 18 de febreiro.

Plublicaremos o tríptico coa información, a folla de inscrición, a música e a letra orixinal.


SE TE QUERES DIVERTIR NON O PENSES,ANÍMATE E PARTICIPA!!!
Folla de inscrición

Canción para o casting do Móvete+

miércoles, 22 de enero de 2014

Cantata Nadal

Ola rapaces!!! Aquí tedes a cantata de Nadal que fixeron os alumnos de 4º e 5º.
Espero que vos guste.

lunes, 25 de noviembre de 2013

Ola!
Por fin podemos estrear o noso blog! E que mellor que amosarvos o traballo que fixo o alumnado de 5º curso para celebrar o Samaín no cole, unha coreografía do grande MICHAEL JACKSON, TRHILLER!!

UHHHHHH!! QUE MEDO DABAN TOD@S disfrazados de zombies...
Ola!
Por fin podemos estrear o noso blog! E que mellor que amosarvos o traballo que fixo o alumnado de 5º curso para celebrar o Samaín no cole, unha coreografía do grande MICHAEL JACKSON, TRHILLER!!

UHHHHHH!! QUE MEDO DABAN TOD@S disfrazados de zombies...







domingo, 6 de octubre de 2013

Ola a todos e todas!!!
Xa está aquí o voso blog para estar ao día de todo o relacionado co deporte e o exercicio e tamén coa música.
Nesta ventá ao mundo, mostrarémosvos todo o que somos capaces de facer e contarémosvos cousas moi interesantes.
Déixate levar e... CANTA E SEGUE O NOSO RITMO!!!