miércoles, 12 de febrero de 2014

OLA MOZ@S!


Este mes queremos poñer a andar o PROXECTO MÓVETE+,é unha nova atividade dirixida a todos os escolares de Galicia para promover a actividade física, a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ,ao mesmo tempo SAUDABLE,que nos axude a sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos a cantidade mínima de exercício remomendado dende a OMS.

Esta actividade desenvolverase nos tempos de lecer, como recreos,nas clases de educación física e tamén na de música, xa que a canción ímola traballar dunha forma bonita e orixinal!. A canción dura algo máis de 3 minutos,no cole decidimos facer unha PROPIA VERSIÓN ORIXINAL DO TEMA, aproveitando que estamos traballando co proxecto europeo COMENIUS ( SHALL WE DANCE?), fixemos unha letra nova onde aparecen pinceladas en inglés....

Para que o alumnado poida cantar dita canción, decidimos facer un CASTING DO MOVETE+,un casting de selección de voces para a gravación da nosa versión,é de carácter voluntario, terán que preparar dúas cancións, unha obrigada ( a canción orixinal do móvete+ proporcionada pola xunta de Galicia) e outra de libre elección; poderase participar de forma individual ou en grupo. As audicións comezarán o martes 18 de febreiro.

Plublicaremos o tríptico coa información, a folla de inscrición, a música e a letra orixinal.


SE TE QUERES DIVERTIR NON O PENSES,ANÍMATE E PARTICIPA!!!
Folla de inscrición

Canción para o casting do Móvete+

No hay comentarios:

Publicar un comentario